O Círculo acollerá o Salón do Viño Valdeorras, berce mundial do Godello o 16 de abril.

Lugo. 27/Marzo/2024

O Salón Rexio do Círculo acolle o Salón do Viño Valdeorras, berce mundial do Godello.

O evento, incluirá un túnel do viño no que se poderán degustar referencias de diferentes adegas da comarca. Comezará ás 12 da mañá coa apertura do Salón e unha cata maxistral, a cargo de Jorge Mazaira, director técnico do D.Ou. Valdeorras. Para esta cata hai prazas limitadas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Ao mediodía os participantes que o desexen poden inscribirse nunha comida-maridaxe cos viños do Salón que terá lugar nun restaurante da cidade, á que se poderá asistir con reserva previa a un prezo de 35 euros por comensal. E a partir das 17.00 horas poderemos gozar no Salón Rexio do Círculo, das elaboracións do territorio amparado da man dos seus adegueiros.

A entrada é gratuíta para os socios do Círculo e os profesionais do sector. Para os non socios terá un custo de 6 euros. A comida maridaxe non vai incluída no prezo.

Será o martes 16 de abril de 12.00 a 21.00 horas, no Salón Rexio do Círculo das Artes. É necesaria inscrición previa.