Edificio Social
O Círculo das Artes é un dos edificios máis significativos de Lugo. En 1894, sendo presidente Don Manuel Arrieta y Arrieta, se acorda a compra de tres solares na rúa Bispo Aguirre e na Praza Maior, cun total de 737 metros cadrados, e máis tarde, o 22 de xaneiro de 1895, baixo a presidencia de D. Eduardo Cumbraos Fouce, se adquire o solar correspondente á casa número 1 da Plazuela do Colexio, que linda coa rúa Bispo Aguirre, dunha mensura total de 729 metros cadrados.
O 16 de outubro de 1895 se encarga o proxecto do actual edificio ao arquitecto Don Luis Bellido, adxudicando a execución das obras ao contratista Don José Vila Veral na cantidade de oitenta e sete mil pesetas, a cuxo efecto se formaliza un crédito de cen mil pesetas para a construcción e decoración do futuro edificio. O seis de decembro do ano 1898, sendo presidente Don Eduardo Cumbraos Fouce, se firma a acta de recepción definitiva das obras do novo edificio do Círculo das Artes, que é inaugurado oficialmente o 12 de decembro do mesmo ano.