O Círculo das Artes oferta campamentos de verán con ampliación de horarios

Lugo. 24/Maio/2023

O Círculo ultima unha nova edición dos seus campamentos de verán. Como sempre, haberá dúas quendas: do 22 de xuño ao 30 de xullo e do 1 ao 8 de setembro.

Os participantes gozarán de actividades variadas e divertidas: talleres de cociña e de ciencia, manualidades, procuras do tesouro, yincanas, carreiras de orientación, festas da auga, e moito máis, actividades deseñadas e adaptadas a cada grupo de idade e impartidas por monitores especializados.

Poden inscribirse niñ@s de entre 4 e 12 anos. O horario será de 10.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Como novidade, ampliamos o horario de edicións anteriores, co fin de favorecer a conciliación familiar. Así o servizo de madrugadores estará dispoñible desde as 08:30 e o horario de recollida amplíase até as 14:30 horas. A inscrición será semanal e inclúe merenda. O prezo é de 45 euros no réxime normal e de 55 se se solicita o servizo de madrugadores.

O prazo para apuntarse nos campamentos do Círculo ábrese o vindeiro mércores, 1 de xuño. Poderá formalizarse nas Oficinas do Círculo, telefónica e telemáticamente a través do correo electrónico circulodelasartes@yahoo.es