O Círculo das Artes acolle a presentación do libro Ecos de Poesía, sentimentos de alma, de Raúl Taboada. Trátase dunha obra de intención romántica, evocación familiar e canto á natureza, en particular a da súa Páramo natal. Pensares e sucederes, Costumes e sentires ou Xocosidades, son algúns das obras que conforman este poemario que pretende expresar sentimentos e convidarnos a lembrar e reflexionar.

Será o venres 23 de setembro ás 20.00 horas no Salón de Columnas. Entrada libre até completar aforamento.