Lugo. 25/maio/2016

O ciclo Venres de Círculo continúa unha semana máis e faino co regreso do grupo lucense Suite Bengala, que co seu pop rock e a súa música de rock alternativo xa logrou un dos maiores éxitos de público de todas as actuacións celebradas este ano no salón de Columnas. Mañá, a partir das 23.30 horas, este grupo integrado por Nano Veiga (guitarra e voz), Roy Alvárez (guitarra e voz), Alejandro Mantiñán (baixo), Paco Carballada (batería) e Rachell Blanc (voz) ofrecerá un espectáculo con versións de temas dos 80 e os 90, ademais dalgunhas versións de música actual.