Tamén se está preparando o II Festa dos Anos 20, que terá lugar o 25 de novembro

Lugo. 25/outubro/2017

O Círculo das Artes de Lugo abrirá o vindeiro martes día 31 a tempada de grandes eventos coa celebración do II Festa-Baile de Hallowen, especialmente dirixida aos soci@s xuvenís, de 15 a 20 anos. A segunda edición deste evento terá de novo como escenario o salón de billares, desde as 23.30 ás 04.30 horas do próximo martes. Do mesmo xeito que o pasado ano, será  imprescindible a presentación do carné de socio para acceder a unha festa, na que quedará terminantemente prohibida a venda de alcol a menores de 18 anos. A primeira edición desta festa resultou todo un éxito de participación, con máis de 800 asistentes, a gran maioría caracterizados. De feito, a directiva do Círculo anima aos socios e socias a disfrazarse e participar no “Photocall Terrorífico”, que estará instalado no vestíbulo do Círculo, desde as 23.30 horas.

Mentres se ultiman os preparativos para este evento, a Xunta Directiva xa traballa noutra das festas máis importantes do calendario da sociedade, como é o baile de outono. A cita será o sábado 25 de novembro e dado o gran éxito do ano pasado, de novo estará dedicado aos felices Anos 20.