O Círculo das Artes ofrece unha nova data do Programa Concilia.

Trátase dunha proposta de conciliación familiar, para que a xente miúda da casa tamén aprenda e se divirta os días nos que non hai escola. Ademais, o Círculo axuda ás nais e aos pais para que poidan conciliar a súa vida familiar e laboral. E todo coa tranquilidade de saber que os seus fillos están nas mellores mans.

O programa inclúe talleres plásticos, manualidades, xogos populares, xincanas e ludoteca, entre outras actividades. E, como sempre, ao fronte estarán monitores especializados. A diversión está garantida durante toda a xornada, que inclúe a merenda.

Será o xoves 7 de decembro de 10 a 14 horas. Os madrugadores poderán entrar ás 8.30 e saír ás 14.30 horas. A inscrición xa está aberta e poderá formalizarse nas Oficinas do Círculo, ou a través do correo electrónico circulodelasartes@yahoo.es.