A orquestra lucense Terra Nova celebra o seu primeiro aniversario cun concerto de nadal no Círculo das Artes

Lugo. 13/Decembro/2023

A orquestra lucense Terra Nova celebra o seu primeiro aniversario cun concerto no Círculo das Artes. Con máis de 70 instrumentistas en escena e a presenza dunha das figuras máis relevantes de España en canto á difusión da música académica, Ana Hernández Sanchiz, se oferecerá unha versión diferente e para toda a familia, dunha das obras máis famosas do repertorio sinfónico: A Sinfonía do Novo Mundo, de Antonin Dvorak.

Será o domingo 17 de decembro ás 19.00 horas no Salón Rexio. Entrada libre até completar aforamento