Está dirixida a socios xuvenís de 15 a 20 anos, que contarán coa actuación do DJ Jako Rove 

Lugo. 24/outubro/2018

O Círculo das Artes de Lugo celebrará o próximo mércores día 31 a Festa de Halloween, para socios xuvenís, de 15 a 20 anos, que este ano alcanza a súa terceira edición. O salón de billares abrirá as súas portas ás doce da noite para festexar este baile que se está convertindo nun dos máis reclamados polos socios máis novos do Círculo, e por tanto, nun fixo no calendario de eventos da sociedade. De feito, este ano realizouse unha enquisa interna para coñecer a opinión dos xuvenís sobre o día máis adecuado para celebralo, acordando, finalmente, o mércores 31.

Do mesmo xeito que noutros eventos deste tipo, será  imprescindible a presentación do carné de socio para acceder a unha festa, na que, a Directiva lembra que quedará terminantemente prohibida a  venda de alcol a menores de 18 anos.

Ademais, anímase aos socios xuvenís a acudir caracterizados ao evento, no que os asistentes poderán gozar da mellor música coa actuación en directo de Jako Rove, un DJ e produtor que xa logrou un importante éxito nas festas de Entroido e na de gradación deste ano.

Jako Rove propón unha sesión de música moi variada, aínda que con predominio da electrónica e da denominada música urbana.