O Salón Rexio do Círculo das Artes acollerá en setembro dous concertos dentro do programa “Proxectos Culturais Xacobeo 2021”, co patrocinio da Xunta de Galicia.

A orquestra viguesa A Clásica traerá ao Círculo un concerto centrado no barroco italiano e no último romanticismo, con obras compostas entre 1884 e 1912 por autores da talla de E. Elgar, A. Vivaldi, E. Grieg e Holst. Será o vindeiro  sábado 12 de setembro ás 20.00 horas.

A segunda  cita correrá a cargo de Acervos Sonoros, que presenta Primordiais.  Marcelo DoBode e Luis Martíns achegarannos á música folk galega máis actual.

A entrada será libre

Información COVID-19: É obrigatorio o uso de máscara no Círculo das Artes. Será obrigatoria a inscrición do usuario/visitante nun rexistro no que se incluirá o nome, dni e teléfono móbil. A finalidade é manter una actitude responsable coa sociedade e facilitar o traballo de todos os que velan pola nosa saúde e seguridade. A xunta directiva do Círculo agradece a comprensión e a colaboración polo ben de todos.