O Círculo organiza unha masterclass de Arte urbana para celebrar o Día Mundial das Artes o 15 de abril.

Lugo. 1/Abril/2024

O Círculo das Artes organiza unha masterclass sobre “Arte urbana”, que será impartida polo reputado artista Diego As. O artista lucense, formado en artes gráficas (serigrafía, gravado artítico) e con ampla experiencia no mundo da impresión dixital en diferentes formatos, recibiu diversos recoñecementos á sua obra, entre eles o do mellor mural urbano do mundo, outorgado pola plataforma dixital Street Art Cities en agosto de 2021.

A actividade consistirá nunha aproximación ao mundo do graffiti, e a concreción da visión persoal do artista na realización práctica dun proxecto artístico en presenza dos asistentes.

Será o luns 15 de abril, de 18 a 20 horas no Espazo Xove do Círculo. Os socios que desexen participar deberán inscribirse previamente, de forma gratuíta, nas oficinas da sociedade ou ben a través de correo electrónico circulodelasartes@yahoo.es.