O Salón Rexio, acolle unha exposición de pintura, organizada por Sabela Arias Castro, baixo o título «Conversas».

Expóñense corenta e oito obras, realizadas con diferentes técnicas: acuarela, técnica mixta e gofrado.

A mostra podérase visitar do 4 ao 13 de setembro, en horario de 19.00 a 21.30 horas, domingos e festivos de 12.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.30 horas.

Información COVID-19: É obrigatorio o uso de máscara en todo o Círculo das Artes. Será obrigatoria a inscripción do usuario/visitante (nome, dni e teléfono móbil) nun rexistro por se as autoridades sanitarias precisan da colaboración do Círculo das Artes.