A Federación galega de Círculos e Casinos celebrará unha romaría en Ribadavia o domingo 18 de xuño.

Lugo. 25/Maio/2023

A XXVI Romaría da Federación Galega de Círculos e Casinos, terá lugar en Ribadavia o domingo 18 de xuño.

A xornada comezará cunha visita guiada por Ribadavia, a localidade anfitrioa nesta edición, que recupera a tradicional romaría tras a pandemia. A continuación, os participantes desprazaranse ao Hotel Balneario Arnoia Caldaria, onde degustarán un menú a base de entrantes, labras de xamón, empanada de centeo, polbo, churrasco, sobremesa e bebidas, entre as que non faltará o viño do D.Ou. Ribeiro. O menú ten un prezo de 29 euros, mentres que a viaxe en autobús corre por conta do Círculo das Artes de Lugo, sempre que haxa un mínimo de dez inscritos.

Despois da comida gozarán até o sete da tarde dunha festa con actuación musical en vivo.

Os interesados en participar poden inscribirse nas Oficinas do Círculo das Artes até o próximo 7 de xuño.