O Círculo das Artes acolle unha xornada sobre a problemática dos ?ocupas? e o imposto de plusvalía.

Lugo. 9/Maio/2022

O Círculo acolle unha xornada do Colexio de Avogados. José Félix Mondelo Santos, decano do ilustre colexio provincial de avogados, será o encargado de inaugurar a sesión. A continuación, Óscar Núñez-Torrón Latorre, vicedecano do ilustre colexio de avogados de Lugo, falará sobre A problemática dos “ocupas” de vivendas e posibles solucións. Finalizará a xornada coa intervención do avogado Carlos do Piñeiro Luque, que tratará o tema do Imposto de plusvalía e outras cuestións de interese en materia tributaria.

Será o xoves 12 de maio ás 19.00 horas no Salón Rexio.