O Círculo das Artes organiza un Torneo Social de Mus. As tres parellas clasificadas recibirán diferentes trofeos e premios, destacando a clasificación da parella gañadora para o Campionato Galego de Mus, que se celebrará o 21 e 22 de Outubro en Pontevedra.
A cita terá lugar o sábado 10 de xuño na Sala de Tresillos do Círculo, a partir das 16.00 horas.