Lugo. 14/Junio/2022

O Círculo das Artes organiza un Torneo Social de Mus. As tres parellas clasificadas recibirán diferentes trofeos e premios, destacando a clasificación da parella gañadora para o Campeonato Galego de Mus, que se celebrará o vindeiro 24 de setembro en Narón.

A cita terá lugar o vindeiro sábado 18 de xuño na Sala de Tresillos do Círculo, a partir das 16.00 horas.