O Círculo das Artes acollerá a conferencia ?O desapego da política? a cargo do expresidente de Cantabria, Miguel Anxo Revilla.

Lugo. 15/Abril/2024

O Salón Rexio do Círculo acolle a conferencia “O desapego da política”, a cargo de Miguel Anxo Revilla, programada por Encontros no Progreso.

O expresidente de Cantabria, unha das figuras máis mediáticas da vida pública, analizará no foro este complicado desafío social. A mirada de Revilla, pretende achegarnos a interpretar os motivos e solucións para ese problema de desapego pola política, que vive unha parte importante da nosa sociedade.
Revilla, que aos 81 anos mantense na política activa como deputado do Parlamento de Cantabria e secretario xeral do Partido Rexionalista de Cantabria, converteuse nunha figura moi popular, polo seu carácter carismático, así como polos seus libros, sempre vibrantes, cheos de reflexión, análise, e un punto divertido. Agora acaba de lanzar o último, Toda una vida.

Será o mércores 17 de abril, ás 19.30 horas ás no Salón Rexio do Círculo das Artes. Acceso libre até completar aforamento.