O programa “Venres musicais. O Conservatorio no Círculo” prosegue este venres ás 17.30 horas no Salón de Columnas cun dobre programa.

Lugo. 5/Xuño/2025

O Círculo das Artes segue a impulsar a iniciativa “Venres musicais. O Conservatorio no Círculo”, co obxetivo de motivar ao alumnado do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo, a través da interpretación pública de obras das distintas especialidades instrumentais.

As violinistas Irene Abeledo Yukhnevich e Jimena Figueroa Dilla, acompañadas por Miguel Ángel Fernández Vega, ao piano, interpretarán as seguintes obras: Souvenir de Sarasate, para violín e piano, de W. H. Postock; “Playera”, para violín e piano, de P. Sarasate e o Dobre concerto para dous violíns e orquestra BWV 1043, Largo ma non tanto, de J. S. Bach.

Despois, o clarinetista Kevin Abuín Pérez, acompañado por Miguel Ángel Fernández Vega, ao piano, interpreterá as seguintes obras: Pezas de fantasía para clarinete e piano, Op.73R, de Robert Schumann; Tres pezas para clarinete só, de Igor Stravinsky e a Sonata para clarinete e piano, FP 184, de Francis Poulenc.

Terá lugar o venres 6 de xuño, ás 17.30 horas, no Salón de Columnas.