A música de cámara regresa ao Círculo das Artes o vindeiro xoves 4 de xuño cun recital de viola protagonizado pola nova intérprete Lian Iglesias García, acompañada ao piano por Andrea Vilar López.

O concerto, que terá lugar ás 19:00 horas no Salón de Columnas, ofrecerá un programa que combina sensibilidade e forza expresiva a través de obras de Bartók, Hoffmeister e Sancho y Vivar.

A entrada será libre ata completar a capacidade da sala. Unha magnífica oportunidade para gozar da música en directo nun dos espazos máis emblemáticos da cidade.