O Círculo das Artes acolle a presentación do libro A muller na mar. Os seus autores son Bartolomeu Cánovas Sánchez, Capitán de Navío e anterior director do Museo Naval de Ferrol, e Raúl Vila Caro, Capitán de Corveta, Enxeñeiro Naval e profesor asociado da Universidade da Coruña.

Trátase dunha obra que realza o papel das mulleres cunha vida vinculada ao mar. Cóntanos historias de mulleres que permaneceron na sombra durante séculos e de mulleres que en pleno século XXI van aos poucos conquistando un sector dominado por homes e no que se viron silenciadas ao longo da historia.

Será o mércores 14 de setembro ás 19.30 horas no Salón de Columnas. Entrada libre até completar aforamento.