O Círculo das Artes acolle a presentación do libro Hecamerón, 100 xornadas do ano da pandemia, de Jesús Sú DeVázquez e Montserrat Varela Simó. Trátase dun libro de aforismos, pensamentos, achados literarios e profundas impresións, unha obra literaria de vibrante actualidade. A presentación contará con vídeos do propio autor e unha intervención musical da soprano Susana de Lorenzo, ilustrando as lecturas con música clásica.

Será o mércores 6 de Xullo ás 20.00 horas no Salón de Columnas. Entrada libre até completar aforamento.