O Círculo das Artes acolle a presentación do libro Fuxir de Proxería, de Manuel Branco Desar. Trátase dunha novela breve que combina o thriller -co suspense dunha evasión desesperada nun país onde a xente nova é unha menguante e sometida minoría- e unha historia de amor entre as súas protagonistas contaminada pola situación social.

Será o venres 29 de xullo ás 19.00 horas no Salón de Columnas. Entrada libre até completar aforamento.