O Círculo das Artes acolle a presentación do libro “Egiliona: raíña cristiá e sarracena”, de Manuel Romay López.

Trátase dunha novela histórica que narra a vida de dúas mulleres que ven cambiar o seu destino no medio das loitas da nobreza, unha historia de ambicións e liortas, ambientada na caída do reino visigodo e a conquista de Al Andalus.

O xornalista Francisco Rivera Cela, será o encargado da presentación.

Será o mércores 28 de xuño ás 20.00 horas no Salón de Columnas. Entrada libre até completar aforamento.