O Círculo das Artes abre un novo ciclo de Xornadas Poéticas.

Lugo. 15 /Novembro/2022

Varios poetas virán ao Círculo para reunirse cos lectores, acercarlles a súa obra e disertar sobre poesía. Haberá una velada ao mes. A poeta e narradora Carolina  Sarmiento será a encargada de inaugurar esta programación. A autora falará sobre a súa poesía reunida baixo o título “Ikiru/Vivir”, un poemario ilustrado que xa
alcanzou a súa cuarta edición. Trátase dunha aposta por formas poéticas breves, cercanas ao aforismo, que apuntan á importancia de vivir cada instante.

A cita será o próximo luns 21 de novembro ás 19:30 horas no “Espacio Joven”.