Os participantes nos clubs de lectura gozarán dun encontro con autor
Lugo. 8/Xuño/2023
O Círculo das Artes organiza un Encontro con Autor dentro da programación do club de lectura. Na actualidade, o Círculo mantén activos tres clubs de lectura, que reúnen semanalmente a medio centenar de participantes, para disertar sobre libros e literatura. Como cada ano, finalizan o curso cun faladoiro especial, na que participa un dos autores que leron e que lles permite achegarse e involucrarse na súa obra, ter a oportunidade de intercambiar opinións e formularlle preguntas nun ambiente distendido. En edicións anteriores visitaron o Círculo escritores galegos de recoñecido prestixio: Domingo Villar, Manuel Rivas, Suso de Toro, Mariña Mayoral, Marta Rivera e Pedro Feijoó,
Este ano, o invitado é o lucense Francisco Narla, autor de novelas históricas e de misterio. Comezou a súa carreira literaria cunha novela de terror, Os lobos do centeo (2009), de ambiente galego, á que seguiu a novela negra Caixa negra (2010). Nas obras seguintes aborda o xénero da novela histórica, ambientada en diversos períodos da historia española: a Hispania romana onde aúllan os outeiros (2015), e a España medieval en Assur (2012), Ronin (2013), Lain. O bastardo e Balvanera (2022). Este mes de maio, acaba de publicar a súa última novela, Breo.
Será o martes 13 de xuño ás 18:00 horas no Salón de Columnas.