The Glee Club, o coro da Universidade Notre Dáme (Indiana, EE.UU.), presenta a súa xira en España.
The Glee Club, o coro universitario con 110 anos de historia, ofrece un concerto no Círculo das Artes. Fundado en 1915, o Glee Club é un coro masculino a capella composto exclusivamente por estudantes de grao (18-22 anos) da devandita universidade. O programa comprende obras de diferentes estilos e períodos históricos, e inclúe unha sección dedicada a compositores do Século de Ouro español. Terá lugar este venres 30 de maio ás 20.00 horas no Salón Rexio. Entrada gratuíta, até completar aforamento.