O Círculo das Artes organiza un espectáculo de humor con Carlos Blanco como invitado

Lugo. 27/Mayo/2022

Carlos Blanco presenta no Círculo das Artes “Os Mellores Monólogos”, unha selección dos seus monólogos máis coñecidos: As bravas de Arousa (Queres Kiwis?), A dobraxe porno, Galizara e As grandes frases das nosas avoas e avós. Setenta minutos de risas garantidas, cun dos humoristas máis grandes de Galicia, que ademais introduce cada noite elementos de actualidade e improvisación.

O custo das entradas é de 7 euros para socios e 15 euros para non socios, e dá dereito a unha invitación de 1906 Estrella Galicia. A venda de entradas será do 30 de maio ao 17 de xuño. Do 30 de maio ao 3 de xuño a venda será exclusiva para os socios. As entradas poden adquirirse nas oficinas do Círculo das Artes, de luns a venres en horario de 11 a 13 horas e de 16.30 a 20.30 h.

Será o venres 17 de xuño ás 21.00 horas no Salón Rexio do Círculo das Artes.

Para o desenvolvemento deste espectáculo, o Círculo conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Política Lingüística. Tamén conta co patrocinio de Estrella Galicia.