O Círculo das Artes organiza un taller D´moda como peche do programa Chikiocio para o curso 22/23. Os participantes crearán os seus propios deseños, farán costura creativa e deseñarán complementos para crear o seu propio estilo.

A inscrición está aberta e poderá formalizarse nas oficinas do Círculo, telefónica ou telemáticamente a través do correo electrónico circulodelasartes@yahoo.es.  Será o próximo fin de semana e haberá varios grupos, o venres 27 ás 17.00 e ás 19.00 horas, e o sábado 28 ás 10.30 e ás 12.30 horas.