A banda actuará no Salón Rexio do Círculo das Artes o venres 2 de xuño

Lugo. 23/Maio/2023

O Círculo ofrecerá un concerto dos Gin Toni’s, que nos farán viaxar polas versións dos mellores temas do pop rock español, desde os 80 até a actualidade (Seguridad Social, Rebeldes, Revólver, El Último de la Fila, Fito y Fitipaldis, Radio Futura, Loquillo, Los Rodríguez, Coque Malla, Jarabe de Plo, Hombres G, Alaska, Miguel Bosé, Los Suaves…). Cun directo fresco, un repertorio repleto de conocidísimas cancións e unha elegante posta en escena, Gin Toni’s transportarán ao público ás décadas douradas da música española.

As entradas xa están á venda. O custo será de 5 euros para os socios e 12 para os non socios. Poden adquirirse nas Oficinas do Círculo, de luns a venres en horario de 11.00 a 13.30 h. e de 16.30 a 20.30 horas.

Será o venres 2 de xuño ás 23:30 horas no Salón Rexio do Círculo das Artes.

O espectáculo organízao o Círculo das Artes e conta co patrocinio de Xunta de Galicia, Arenal e Estrella Galicia.