Lugo. 5/Maio/2022

O Círculo das Artes será a sede do VIII Maratón de Mus “Muralla de Lugo  Memorial Luciano Sánchez”.

No torneo participarán máis de 120 xogadores de toda Galicia, Asturias e León, que pugnarán por alcanzar a clasificación para o Campionato Galego de Mus (Narón, 2022) e para o Máster Internacional de Mus (Pamplona, 2022). Dará comezo ás 10 h. e desenvolverase ao longo de toda a xornada, xogándose a final ás 22 h.

Será o sábado 14 de maio no Salón Rexio.