Lugo. 29/Abril/2022

Os participantes coñecerán a importancia do coaching persoal. Traballarán as linguaxes e as emocións, así como o benestar, a empatía e a intelixencia emocional para mellorar a nivel persoal e profesional. Ao longo do curso analizarán como mellorar as relacións sociais, xerar habilidades para lograr unha comunicación efectiva e conseguir liderado.

A inscrición xa está aberta e poderá formalizarse nas oficinas do Círculo, telefónica ou telemáticamente a través do correo electrónico  circulodelasartes@yahoo.es. O curso será todos os sábados do mes de maio, de 11:00 a 13:00 horas.