O Círculo organiza un curso temático de cestaría, un taller cento por cento práctico no que van incluídos os materiais.

Gustaríache coñecer e practicar a técnica da cestaría, creando obxectos útiles e artísticos?. O curso ofrece sesións de artesanía tradicional conxugadas con formación de técnicas téxtiles e moda sustentable.

Será os martes. Haberá unha sesión infantil en horario de 17 a 18 horas, dirixida a nen@s a partir do oito anos, que poden asistir sós ou acompañados dun adulto, para gozar dun taller en familia, proposta que este ano inclúe a programación do Círculo. De 19 a 20 horas será a quenda para os adultos.

O curso comezará o 14 de marzo e terá unha duración de 6 sesións. Durante o cinco primeiras, eminentemente prácticas, faremos deseños e creacións propias con medula de junco, seguindo as técnicas da cestaría tradicional, da man da artesá Conchi Rodríguez.

O martes 25 de abril, a creadora téxtil Idoia Costa, Premio Nacional de Artesanía, ofrecerá unha masterclass sobre a arte da cestaría contemporánea. O seu traballo baséase na fusión da cestaría co téxtil e a versatilidade da peza resultante, a través da combinación de materiais orgánicos, sendo a natureza fundamental no seu proceso creativo tanto polos materiais que produce como polas ideas que inspira.

A inscrición xa está aberta e poderá formalizarse nas oficinas do Círculo, ou través do correo electrónico circulodelasartes@yahoo.es.

O curso será os martes entre o 14 de marzo e o 25 de abril. Haberá un grupo para nen@s, de 17.00 a 18.00 horas, e outro para adultos, de 19.00 a 20.00 horas. Prazas limitadas!