Os campamentos de Semana Santa do Círculo serán os días 3,4,5 e 10 de Abril.
Lugo. 13/Xaneiro/2023
O Círculo das Artes de Lugo xa abriu o prazo de inscrición para os campamentos de Semana Santa, que se desenvolverán os días 3,4,5 e 10 de abril, co obxectivo de ofrecer aos socios do Círculo unha alternativa de lecer para os seus fillos durante estes días non lectivos.
Esta actividade, que repite tras o éxito de participación de edicións anteriores, está dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade, e ten un custo de 45 euros, que inclúe merenda, así como o material preciso para os distintos talleres que levarán a cabo. O horario do campamento é de 10.00 a 14.00 horas, aínda que se ofrece a posibilidade de adiantar a chegada ás 9.00 da mañá sen custo adicional.
Haberá diferentes actividades: xincana temática, procura do tesouro, talleres de cociña e experimentos, xogos populares e deportivos, sempre acordes á idade dos participantes. A inscrición xa está aberta e poderá formalizarse nas oficinas do Círculo, telefónica ou telemáticamente a través do correo electrónico circulodelasartes@yahoo.es.