A primeira Festa infantil de Primavera do Círculo será o sábado 15 de abril.

Lugo. 15 de marzo de 2023

O Círculo organiza a novidosa Festa infantil de Primavera.

Ás 17.30 horas, o Mago Rafa sorpréndenos co seu espectáculo “Experiencias”. O ilusionista ofrecerá os mellores trucos de maxia, e encargarase de facernos pasar un rato divertido e único, cun espectáculo para todos os públicos. Sobre todo, faranos volver a soñar.

Despois da actuación de maxia, os cativos poderán gozar dunha festa disco con karaoke, onde o DJ Fetén encargarase de poñer cancións infantís e de actualidade. Ademais, haberá animadoras que interactuarán cos participantes a través de coreografías, xogos, globoflexia e moito máis.

Será o sábado 15 de abril de 17.00 a 20 horas no Salón Rexio.