A banda lucense La Penúltima, de tributo a Joaquín Sabina, actuará no Salón Rexio do Círculo o sábado 11 de marzo.

Lugo. 15/Febrero/2023

O Círculo ofrece un concerto de La Penúltima Sabinera. A banda lucense, considerada a mellor banda Tributo a Sabina nacional, trasnpórtanos ao espectáculo do maestre de Úbeda, interpretando dende os éxitos iniciais ata os máis recentes do autor de “Y nos dieron las diez” oo “19 dias y 500 noches”. Nas súas actuacións non poden faltar cancións célebres como “Calle melancolía”, “Princesa”, “¿Quién me ha robado el mes de abril?”, “Y sin embargo” ou “Pacto entre caballeros”.

O prezo das entradas será de 5 euros para os socios e 15 para os non socios. A venda de entradas comenzará o próximo lune 20 de febreiro. As entradas poden adquirirse nas Oficinas do Círculo das Artes, de luns a venres en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:30 h.

Será o sábado 11 de marzo ás 23:30 horas no Salón Rexio do Círculo das Artes.

O espectáculo o organiza o Círculo das Artes e conta co patrocinio de Xunta de Galicia, Arenal e Estrella Galicia.