O Club do Billar do Círculo estará representado no equipo da selección española que disputará a Copa de Europa de Billar a Cinco Quillas.

Lugo. 10/Maio/2022

O Círculo das Artes de Lugo, representado por Jacobo Daviña, formará parte da selección española no campionato mundial de billar de 5 quillas, que se disputará na localidade de Hall in Tirol (Austria) do 12 ao 15 de maio.

O equipo español estará formado por Ignacio Merino e Sergio Callejo (Valladolid), Carlos Cortés (Soria), Antonio Sánchez (Madrid) e como reserva Jacobo Daviña (Lugo). Na competición, á que acudirán 16 seleccións, xógase unha primeira fase de 4 grupos de 4 equipos, onde España estará no grupo D con Francia (actual subcampioa de Europa), Suíza e Holanda. Os dous primeiros de cada grupo pasarán a xogar, cuartos, semifinais e final.