Haberá unha exposición, semblanza e lectura de textos do autor.

Lugo. 11/Maio/2023

O Círculo celebra o Día das Letras Galegas cun acto no que se fará semblanza do autor homenaxeado este ano, Francisco Fernández del Riego, a través da lectura dos seus textos e a inauguración dunha exposición.

Francisco Fernández del Riego, foi un dos fundadores da Editorial Galaxia, presidiu a Real Academia Galega entre 1997 e 2001, e foi o inspirador da celebración do Día das Letras Galegas, que cada ano quere poñer en valor a cultura e a literatura de Galicia. Entre os seus libros destacan ensaios sobre a cultura e a literatura galegas como Galicia en el espejo ou Diccionario de escritores en lingua galega. Cultivou tamén a narrativa (El ciego de Pumardedón) e a narrativa de viaxes (La peregrinaciones jacobeas).

O acto comenzará cunha semblanza do homenaxeado a cargo do catedrático en lingua galega e literatura Manuel Celso Matalobos. A inauguración dunha exposición e a lectura de textos do autor, pecharán a programación cultural coa que o Círculo das Artes celebra o Día das Letras Galegas.

Será o martes 16 de maio ás 18.00 horas no Salón de Columnas. Entrada libre ata completar aforo.