Lugo. 31/Xaneiro/2023
O XXXI Torneo Nacional Cidade de Lugo dispútase o próximo fin de semana no Salón Rexio do Círculo das Artes. Está previsto que 140 xogadores de toda España, Inglaterra e Portugal poñan a proba a súa concentración, memoria e destreza nunha edición que vai reunir aos mellores xogadores nacionais e internacionais.
O torneo consta de dúas xornadas que se celebrarán o venres 3 de febreiro ás 19 e o sábado 4 ás 17.30. A entrega de premios será o sábado 4 ás 21 h.