O Círculo acolle a sesión extraordinaria de ingreso como Académica Numeraria, da escritora lucense María López Sández, que pronunciará un discurso titulado “Onde abrolla o manancial: a paisaxe na raíz do ensaísmo galego”, ao que dará resposta en nome da institución a académica Marilar Aleixandre.
María López Sández, que ocupará a vacante de Darío Xohán Cabana, é filóloga e profesora de Didáctica dá Lingua e dá Literatura dá USC. Ademais é creadora literaria, con varios libros editados e galardoados, e investigadora de literatura galega e sociolingüística.
O acto terá lugar o vindeiro sábado 11 de marzo, ás 12.00 horas no Salón Rexio. A entrada é libre até completar aforamento.
Pode ver máis información nesta ligazón.