Grandes artistas de toda Europa cítanse no Círculo para o Encontro TangoLiber os días 3, 4, 5 e 6 de Xullo. Lugo. 25/Xuño/2025 O Círculo das Artes presenta o Festival Internacional TangoLiber, un referente a nivel nacional e internacional dentro do circuíto do tango europeo, un evento que ten por obxecto incluír á cidade de Lugo como área de referencia e fomentar actividades prestixiosas, facéndoas accesibles a toda a sociedade. O Encontro, organizado pola Asociación Cultural Tango Club Galicia, terá lugar os días 3, 4, 5 e 6 de Xullo. Participarán grandes artistas do mundo do tango como os bailaríns Marcelo Ramer e Selva Mastroti, os DJ Victor Ariel Yuryevic, Carmen Villafuerte, Enrique Ringa e Magín López Expósito e uns 250 afeccionados procedentes de toda a xeografía española e europea (Portugal, Alemaña, Francia, Suíza, Italia). Entradas gratuítas para socios Os socios do Círculo poderán asistir gratis. Deberán retirar a invitación nas oficinas da Sociedade a partir deste xoves 26 de xuño de 17.00 a 20.00 horas de luns a venres. Programa de actividades Xoves 3 de xullo 21.00 ? Clase gratuíta de chacarera (folclore arxentino). Salón Rexio 22.00 h. Presentación do Festival coa benvida aos participantes e presentación dos artistas. Estarán presentes distintos representantes institucionais, o presidente do Círculo das Artes e a directiva da Asociación Cultural Tango Club Galicia. 22.30 – 3.00 h. ? Milonga de Benvida.
Musicaliza: Carmen Villafuerte. Lugar: Salón Rexio do Círculo das Artes. Venres 4 de xullo 23.00 a 4.00 h. ? Gran Milonga do Venres.
Musicaliza: Ariel Yuryevic Lugar: Salón Rexio Sábado 5 de xullo 23.00 ? 4.00 h ? Gran Milonga de Tango Club Galicia Exhibición: Marcelo Ramer e Selva Mastroti
Musicaliza: Enrique Ringa Lugar: Salón Rexio Domingo 6 xullo 12.00 ? 14.00 h – Milonga na Praza
Musicaliza: Magín Lòpez Expósito Lugar: Praza Maior de Lugo (diante do Concello)