Lugo. 25/Maio/2022

O Círculo acolle a celebración da Fase Final Galega da XXIII Olimpíada Matemática, organizada por Agapema.

Trátase dun evento enmarcado dentro dun proxecto internacional, orientado a fomentar o ensino das matemáticas de forma máis creativa e reflexiva, fronte a unha aprendizaxe baseada na adquisición de algoritmos por repetición.

Os 40 finalistas seleccionados na fase de zona, acudirán este xoves 26 de maio á Fase Final Galega, que terá lugar no Salón de Columnas do Círculo das Artes, onde se concentrarán estudantes de toda Galicia, e dos que soamente tres representantes chegarán á final española, que este ano se celebrará en Castela A Mancha do 23 ao 26 de Xuño.