Lugo. 10/Marzo/2023

Do 13 ao 15 de marzo, o Círculo das Artes acolle as Xornadas Abertas de Teoloxía, que este ano están orientadas á proposta do Papa Francisco na súa carta sobre a liturxia: “Un encontro actual con Cristo”.

Comezan o vindeiro luns 13 de marzo, cunha conferencia a cargo do Sacerdote da Diocese de San Sebastián e Doutor en Teoloxía, D. Antonio Astigarraga Mateos, que tratará sobre “As riquezas do Domingo e das festas cristiás”

O martes 14 de marzo o sacerdote da Arquidiocese de Barcelona e Doutor en Teoloxía, D. Jaume González Padrós, abordará o tema “Unha participación que renova a vida”. Pechará as Xornadas o Excmo. e Rvdmo. Mons. D. Leonardo Lemos Montanet, Bispo de Ourense e Doutor en Filosofía, que profundará en ?O sentido teolóxico da Carta Apostólica Desiderio desideravi?

Serán ás 20:00 horas no Salón Rexio do Círculo das Artes.

Entrada libre até completar aforamento.