No transcurso do acto entregarase o Premio “Cántigas e Frores” da Cultura 2023 e nomearase a Fuxan os Ventos como Socio de Honra.

Lugo. 13/Maio/2023

O Círculo das Artes acolle a gala da conmemoración do 75 aniversario da Asociación Cultural Cántigas e Frores. No transcurso do acto terá lugar o nomeamento como Socio de Honra do grupo musical Fuxan os Ventos, xunto coa actuación dos diferentes grupos de música e baile de Cantigas e Frores, que rendirán homenaxe ao dito grupo, senlleiro na nosa cultura. Ademais farase entrega do Premio “Cántigas e Frores” da Cultura 2023, que este ano se otorga a Pablo Quintana, escritor,
investigador, músico e divulgador da cultura popular, material e inmaterial, tanto galega como da Asturias Occidental.

Será o martes 16 de maio ás 20.00 horas no Salón Rexio. Entrada libre ata completar aforo