O recoñecido cantaor, guitarrista e compositor Kiki Morente presentará o seu terceiro traballo “Azabache” o 21 de marzo no Círculo das Artes.

Lugo. 11/Decembro/2024

O recoñecido cantaor, guitarrista e compositor Kiki Morente, fillo do lendario mestre Enrique Morente, presentará o seu terceiro traballo discográfico “Azabache”, disco que ve a madurez artística do cantaor. Kiki Morente consolidouse como unha das principais voces do panorama flamenco actual. O seu carisma, seguridade e talento cativa ao público en cada unha das súas interpretacións.

O concerto terá lugar o venres 21 de marzo ás 21 horas no Salón Rexio.

Entradas bonificadas para socios.

Os socios do Círculo poderán beneficiarse de vantaxes e adquirir a súa entrada a un prezo reducido de 17 euros.

Os interesados han de inscribirse nas oficinas do Círculo, entre o xoves 12 e o luns 16 de decembro. O Círculo dispón de cincuenta entradas para os seus socios, en caso de haber máis solicitudes farase un sorteo público o martes 17 ás 17 horas.