A mostra pictórica estará aberta ao público desde mañá até o 28 de xuño.

Lugo. 21/Xuño/2022

O Círculo inaugura a exposición de traballos dos alumnos das clases de pintura e debuxo da Sociedade, nunha mostra que reunirá preto de medio centenar de obras. A exposición, que permanecerá aberta ao público até o próximo día 28, reúne obras elaboradas con multitude de técnicas, a maioría ao óleo, ademais de acrílicos, ceras, pastel, acuarela, carboncillo ou lapis grafito.

A pintora lucense Josefina Álvarez Pol, encargada de impartir as clases de pintura e debuxo para adultos no Círculo, sinala que “a creatividade e a potencialidade están presentes en todas as obras expostas”. E engade que a finalidade destes cursos vai máis aló de aprender a pintar, “queremos potenciar o estilo de cada un, axudar a desenvolver ao artista e a súa personalidade creativa, á vez que os participantes forman parte dunha actividade de socialización, sen esquecer o aspecto lúdico das clases”.

A mostra inaugúrase mañá mércores 22 de xuño, ás 8 da tarde no Salón Rexio. Poderá visitarse até o día 28 en horario de 19.00 a 21.30 os días laborables, mentres que os festivos a exposición estará aberta co mesmo horario de tarde, e de 12.00 a 14.00 horas pola mañá.