A mostra pictórica estará aberta ao público do 16 ao 23 de xuño. Lugo. 12/Xuño/2025 O Círculo das Artes inaugura a exposición cos traballos dos alumnos das clases de pintura e debuxo da Sociedade, nunha mostra que reunirá medio centenar de obras. A exposición, que permanecerá aberta ao público até o próximo día 23, reúne obras elaboradas con diferentes técnicas, a maioría ao óleo, ademais de acrílicos, pastel, acuarela ou lapis de cores. A pintora lucense Josefina Álvarez Pol, encargada de impartir clases de pintura e debuxo para adultos no Círculo, sinala que a ?a creatividade e a potencialidade están presentes en todas as obras expostas?. E engade que a finalidade destes cursos é ?axudar a desenvolver o artista e a súa personalidade creativa, sen esquecer o aspecto lúdico e socializador das clases?. A mostra inaugúrase o luns 16 de xuño, ás 8 da tarde no Salón Rexio. Poderá visitarse até o día 23 en horario de 19.00 a 21.30 os días laborables, mentres que os festivos a maiores abrirán de 12.00 a 14.00 horas.