A mostra pictórica estará aberta ao público do 10 ao 17 de xuño.

Lugo. 7/Xuño/2024

O Círculo das Artes inaugura a exposición cos traballos dos alumnos das clases de pintura e debuxo da Sociedade, nunha mostra que reunirá medio centenar de obras. A exposición, que permanecerá aberta ao público até o próximo día 17, reúne obras elaboradas con diferentes técnicas, a maioría ao óleo, ademais de acrílicos, pastel, acuarela, carboncillo ou lapis grafito.

A pintora lucense Josefina Álvarez Pol, encargada de impartir clases de pintura e debuxo para adultos no Círculo, sinala que “a creatividade e a potencialidade están presentes en todas as obras expostas”. E engade que a finalidade destes cursos “é axudar a desenvolver ao artista e a súa personalidade creativa, sen esquecer o aspecto lúdico e socializador das clases”.

A mostra inaugúrase o luns 10 de xuño, ás 8 da tarde no Salón Rexio. Poderá visitarse até o día 17 en horario de 19.00 a 21.30 horas os días  laborables, mentres que os festivos, a maiores abrirá de 12.00 a 14.00 horas.