O galego que deu a volta ao mundo polo fondo do mar pronunciará a conferencia ?A aventura de descender á Fosa das Marianas nun batiscafo? no Círculo das Artes

Lugo. 30/Setembro/2024

O lucense Héctor Salvador, pronunciará no Círculo unha conferencia sobre ?A aventura de descender á Fosa das Marianas nun batiscafo?.
Héctor Salvador, enxeñeiro aeronáutico e académico, foi o primeiro e único español en descender á Fosa das Marianas, a 11 quilómetros de profundidade, a bordo dun diminuto sumergible deseñado e construído cunha forte participación da industria española, vivindo unha das aventuras máis desafiantes da historia da exploración oceánica.

Nesta conferencia falaranos sobre a importancia da investigación oceanográfica, os retos de construír o primeiro vehículo capaz de chegar a calquera punto dos océanos, e a súa emocionante experiencia ao visitar un dos lugares máis inaccesibles do planeta.

Será o xoves 24 de outubro, ás 20.00 horas no Salón Rexio. A entrada é libre e gratuíta, até completar aforamento.