1º Premio

David Castro Barreiro · As pescudas olímpicas

Apolo levaba días axexando coma un adolescente. Namorárase da súa beleza simple e descoidada nada máis ver os seus cabelos baixo o casco de guerreira e súa mirada salvaxe e indómita.

Tras séculos tentando seducir a Atenea, atopouse ante a imaxe da súa alter ego romana no logotipo do Círculo das Artes de Lugo. Dende ese intre quedou bebendo os ventos por ela e resolveu ir a buscala.

Comezou as súas pescudas xogando ó xadrez e o billar cos socios mais veteranos da institución. Pero nin alí nin no salón rexio a atopou.

Apuntouse a tódalas actividades que puido. De costura a pandeireta pasando por ioga. Buscábaa en cada dama coa que se cruzaba. Pero Minerva non daba aparecido.

Acudiu a todas cantas conferencias se organizaron, e presentouse vestindo as súas mellores túnicas en tódolos concertos alí celebrados. Durante o festival de jazz pareceulle vela danzando animadamente nas primeiras filas, pero resultou ser outro espellismo provocado polo seu apaixonado sentimento.

En vista do pouco éxito que estaba a ter, decidiu cambiar de estratexia e pensar antes de actuar.

Minerva aparecía acotío coa súa lanza na man, destacaba pola súa sabedoría e ía sempre acompañada dun fiel moucho.

Buscou a lanza entre os utensilios das clases de barre fitness pero só conseguiu deixar ás instrutoras abraiadas coa súa flexibilidade, pasou tardes enteiras na biblioteca sen éxito e ,finalmente, atopou a ave nun lenzo dos talleres de pintura. Pero de pouco lle valeu.

Derrotado, volveu a súa terra disposto a esquecer para que a dor que sentía desaparecera.

Pero un bo día, mentres buscaba resposta a temas do día a día do Olimpo no Oráculo de Delfos, as columnas do templo transmutáronse nas da sala do mesmo  nome do Círculo. Non daba creto. De seguido presentouse alí co corazón a piques de estourar.

E alí, sentada nunha cadeira vermella, co seu habitual aspecto heroico estaba ela. Convidouno a sentar mentres falaba así:

-Xa pensei que quedaba aquí a agardar por ti para sempre.

O sorriso que lle devolveu Apolo sería descrito en multitude de poemas dende ese día.

2º Premio

Susana Barro Parga · Au revoir. Desencuentros

« Te quiero; yo tampoco… », parece responder, burlona, la puerta giratoria del Círculo, cuando tú sales y yo entro. Se ríe, ella, con su chirriar antiguo al vernos a los dos, de espaldas, anclados cada uno en su continente: yo subiendo las escaleras hacia la biblioteca y tú bajando en dos saltos los peldaños del hall.

Malditos goznes y maldito el latón que los cubre.

Pero llegó una tarde de concierto, y los músicos, doblegados por sus estuches gigantescos apremian al guardián del paso a agarrotar el giro.

Y ese día, entras tú y entro yo, cada uno por su lado. Y la puerta no ruge, impotente. Se tensa, se bloquea, se enfada. Sabe que hoy no jugará con nosotros. Se muere de envidia, se debate por volver a liberar sus aspas. Demasiado tarde. Los músicos inundan la escalinata que lleva al Salón Regio y su marea nos empuja hasta los billares.

Tú me preguntas si sé jugar, y yo te respondo que te puedo enseñar.