O Círculo das Artes celebrou o fin de curso cunha gala na que o alumnado compartiu cos asistentes as destrezas e habilidades adquiridas ao longo do ano.
A Coral do Círculo foi a encargada de abrir unha festa, onde gozamos con exhibicións das modalidades deportivas: ioga, taichi, e pilates, estes últimos cunha homenaxe a Tina Turner. Os alumnos de guitarra amenizaron a velada con interpretación de clásicos como “Yesterday” dos Beatles. Houbo baile de sevillanas e até un desfile de moda, no que as alumnas de “Carne sen ósos” mostraron as súas creacións. Unha exposición de fotografía e unha mostra de palillos
serviron de marco a unha gala que concluíu a ritmo de hip-hop, coa exhibición do equipo do Círculo que este ano subiu ao podio nas competicións galegas.
A continuación, os asistentes gozaron dun ágape servido polo Círculo.
A xunta directiva, agradece a todos os inscritos a confianza depositada no equipo do Círculo, deséxalles un feliz verán e promete seguir traballando para ofrecer aos seus socios as máis variada e actual programación.